CRTVG

Buscar

O Goberno arxentino céntrase no branqueo de capitais para lograr o sinceiramento fiscal

Publicado o 11/06/2016 12:07

Unha táctica que lles permitirá, ao mesmo tempo, honrar aos xubilados e garantir que cobren o que lles corresponde tras anos -din- de estafa

O Goberno de Mauricio Macri quere que os arxentinos branqueen os capitais non declarados ante o Fisco, para o que propón un sinceiramento fiscal que vai dende pagar un imposto especial, suscribir bonos polo monto declarado ou facer un investimento a longo prazo no país. 

O diñeiro servirá para regularizar outra das grandes débedas do Estado cos milleiros de xubilados que durante anos cobraron unhas prestacións moi inferiores ás debidas. 

"Estamos acá para reparar esto, para terminar con décadas de atropello, de estafa por parte del Estado respecto a nuestros queridos jubilados", di o presidente arxentino, Mauricio Macri.

A reparación recolle tamén unha pensión universal mínima para os maiores de 65 anos que non están en condicións de xubilarse ou a devolución de parte do IVE nalgúns produtos. 

A reforma, que non estivo exenta de polémica e foi criticada pola expresidenta Cristina Fernandez, xa foi enviada ao Congreso para tratamento prioritario, onde o oficialismo precisará o apoio da oposición, pois non conta cos lexisladores necesarios para aprobar proxectos en solitario. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2016