O Lugo incorpora a Arvin Appiah cedido polo Almería
Publicado o 01/02/2021 14:29
Cando regrese de Leganés, o Lugo terá outro integrante no equipo. O extremo inglés Arvin Appiah, cedido polo Almería. Xogou no Nottinghan Forest. Ía fichar polo United e o Almería adiantouse.
Appiah xoga na banda. No seu momento custoulle ao Almería case 9 millóns de euros. En ano e medio no cadro andaluz tivo pouca continuidade.