CRTVG

Buscar

Arturo Lezcano, xornalista: "Bolsonaro gañou pola fartura dunha sociedade que quería un cambio"

Publicado o 01/11/2018 11:21

Na entrevista do Bos Días, tempo para falar máis en profundidade da actualidade internacional. Preséntase en Twitter como "Correspondente en Europa. Unha vida en América Latina"; entrevistamos ao xornalista Arturo Lezcano, que nos fala do triunfo de Bolsonaro no Brasil.

 

• Bolsonaro gaña as eleccións 

"Por que gañou Bolsonaro? Desde as protestas de Dilma Rousseff no 2013 comeza a verse un caldo de cultivo que fartura por corrupción, por crise económica e pola violencia que asola no país. Todo unido a que o maior líder da esquerda, Lula da Silva, está no cárcere, fai que Bolsonaro aglutine e capitalice todo ese descontecto e acabe chegando a boa posición na primeira volta e na segunda acabe vencendo".

"Bolsonaro é sen ningunha dúbida o primeiro líder de ultradereira non militar que chega ao poder por unhas eleccións en América Latina. Pero eso non quere dicir que 57 millóns de brasileiros sexan ultradereitistas. Todo isto vén dunha fartura que leva a Bolsonaro ao poder."

"Bolsonaro dixo que Brasil debería ser o Israel de América Latina".

"Brasil e Portugal son países irmáns pero os brasileiros non teñen cara os portugueses esa visión que por exemplo teñen na Arxentina ou Colombia ten con España. Non teñen moito respecto institucional. Bolsonaro prefire mirar aos Estados Unidos, Israel ou Chile antes que aos lazos tradicionais".

 

Nova alianza lationoamericana

"Na política externa, eu creo que Bolsonaro xa deixou claro que non vai ter a tradicional alianza que tiñan os maiores países de América do Sur. De feito a primeira visita de Estado que sempre fai o presidente de Brasil é a a Arxentina, e non vai ser alí, vais ser a Chile".

"Hai un cambio de ciclo. América Latina ten o maior bloque lingüístico, xunto co Árabe, do mundo, cuns lazos e vencellos xigantes entre os países e, porén, son moi diferentes entre si. O ciclo das esquerdas e o proguesista cumpriu eses anos e agora van ter que loitar nas eleccións. Bolsonaro xa non forma parte da dereita tradicional. É un home que non tiña cabida na política brasileira e que el gañe a presidencia do país abre unha nova xeira e temos que estar atentos por todo o que poida pasar".

 

• Venezuela

"O máximo que pode pasar é que haxa tiranteces entre Maduro e Bolsonaro polos venezolanos que están vivindo alí, no estado de Roraima, vivindo en campos de migrantes, case case refuxiados"

 

Noticias web

01/11/2018