CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Artigo de Rajoy sobre Filipe VI

Publicado o 29/01/2018 21:21
O Rei cumpre este martes 50 anos.

Para conmemoralo, o presidente do Goberno compartiu desde as redes sociais un artigo glosando a figura de Filipe VI. Mariano Rajoy di que nestes 3 anos, o monarca gañou a confianza dos españois co seu exemplo. Salienta a prudencia, a dignidade e o sentido do deber mostrado polo rei no seu labor diario. E cita dous momentos nos que a Coroa mostrou a súa importancia no último ano: nos actos de repulsa dos atentados de Barcelona e na defensa da legalidade e da Constitución, unha referencia velada ao papel de Filipe VI ante o desafío independentista catalán.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

29/01/2018