CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Artesáns de ascendencia galega fabrican instrumentos tradicionais na Arxentina

Publicado o 15/08/2015 14:53

O amor por Galicia e pola cultura galega fai agudizar o enxeño dos que se atopan da outra beira do Atlántico para achegarse, se cabe un pouco máis, á cultura da terra.
É o caso de Óscar Vilela, un artesán de Bos Aires que elabora pandeiretas e tambores ao máis puro estilo galego.

Estas mans danlle forma a algúns dos instrumentos que resoan nas festas galega que se celebran en Bos Aires.

Óscar Vilela, artesán: "Fuimos buscando y averiguando, informándonos, dónde conseguíamos los cueros, este..., los cordones, todo para tratar que nos saliera lo más parecido y sonara lo más parecido a los que se fabrican en Galicia".

Instrumentos nada fáciles de conseguir a case 10.000 kilómetros, e que Óscar, de pais vigueses, se encarga de fabricar.

Óscar Vilela, artesán: "Es complicado que alguien te traiga algo de allá, y el tema fue que por internet vimos los valores y nos asustaban...".

Un labor que, aínda que non é a sua actividade principal, implica a toda a familia.

Óscar Vilela, artesán: "Y... Lo hacemos desde el corazón, viste. Yo desde el día que conocí Galicia, extraño Galicia".

E ante as dificultades para atopar os materiais axeitados, chega con apostar por materias primas do entorno.

Grazas a labor deste artesán, rapaces coma Manuel e María aprenden a tocar o tambor ou a pandeireta cos seus propios instrumentos e, aínda que non están feitos en Galicia, cumpren a súa función: achegar as tradicións dos seus ancestros a quenes naceron lonxe da patria galega.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí