CRTVG

Buscar

Tradición e innovación en tecidos e pezas únicas

Publicado o 05/11/2019 21:16

Morno chamoulle porque, di a súa deseñadora, é un pracer para todos os sentidos. Unha manta única, feita á man con la merina, que estará presente na feira Maison Object de París con 30 artesáns de todo o mundo que fan pezas exclusivas.

Outra creación estrela desta artesá textil é a manta de fibra de leite.

En Rir & Co tamén investigan fibras naturais ou procedentes de refugallos. Hai cinco anos que teñen patentado un tecido que fixeron no seu obradoiro con fibra óptica.

Inés deixou o seu traballo de funcionaria, foi para o rural e fai o que a apaixona, artesanía. Partindo da tradición galega, foi quen de crear tecidos innovadores e pezas moi especiais.

Noticias web

05/11/2019