CRTVG

Buscar

Artes escénicas en diferentes localidades do Camiño Norte

Publicado o 12/09/2021 21:30

Comezou a terceira edición de Camiño Escena Norte. Trátase dun intercambio escénico entre compañías de Asturias, Cantabria, Euskadi e Galicia vertebrado polo Camiño no norte da península. As compañías participantes actuarán en 37 sedes diferentes entre as que están Arzúa, Mondoñedo, Lugo ou Compostela.

A compañía cántabra Babirusa Danza levou este domingo a San Martiño Pinario o seu espectáculo La naturaleza del silencio.

Silencio e ruído para comezar este camiño escénico por 37 localidades de Compostela a Hondarribia pasando por Comillas ou Llanes.

Son once compañías, das que tres son galegas, con teatro, danza e monicreques. Elefante Elegante representará Dreaming Juliet, Nova Galega de Danza o espectáculo Leira e Tanxarina A Galiña Azul.

O proxecto implica a busca de novos públicos e a dinamización cultural do territorio norte. Porque camiñar, coma actuar, non entende de límites.

Noticias web

12/09/2021