CRTVG

Buscar

Arteixo Telecom desenvolverá patentes israelís nas súas instalacións

Publicado o 16/01/2020 15:25

A industria tecnolóxica galega continúa medrando. A empresa Arteixo Telecom aposta polo mercado da ciberseguridade e a defensa.  

Hoxe, varias empresas israeís presentaron os seus produtos nas Pontes, uns produtos tecnoloxicamente moi avanzados que se poderán fabricar en Galicia.

Unha luz cegadora para neutralizar delincuentes e terroristas en situacions de alto risco, unha pulseira intelixente que protexe coches ou caixas fortes. Son patentes en mans de empresas israelís que se poderán fabricar en Galicia.

As capacidades da empresa Arteixo Telecom, que dá traballo directo a 120 persoas na planta das Pontes, convértena no mellor para levar adiante estes proxectos.

A fabricación destes produtos podería estender a capacidade actual de produción da planta ata contar con tres quendas de traballo.

Noticias web

16/01/2020