CRTVG

Buscar

Arteixo e Santiago entran en nivel vermello de alerta polo aumento dos contaxios

Publicado o 12/10/2020 14:57

Nivel vermello de alerta no municipio coruñés de Arteixo. Na última semana rexistráronse máis de 21 casos de coronavirus. Á espera de que este martes se reúna o comité clínico, e concrete se se producen novas restricións, dende o concello fan un chamamento á responsabilidade individual, tal e como explica o alcalde da localidade, Carlos Calvelo.

Tamén Santiago pasa a formar parte dos concellos sinalados en vermello. A capital galega está no nivel 3, o máis alto, por dúas razóns: supera os 50.000 habitantes e nos últimos 7 días detectáronse 112 casos de coronavirus confirmados por PCR. Na última semana rexistráronse máis de 21 casos de coronavirus. Hai xa un mes que na cidade hai restricións. A acollida en comercios e bares é do 50 por cento, non hai servizo en barra e as reunións están limitadas a un máximo de 10 persoas. Nas próximas horas o comité clínico confirmará se as hai que endurecer.

Preto de Santiago, o concello de Ames segue tamén en nivel vermello. Pola contra, no mapa galego da incidencia do coronavirus Narón baixa do nivel 3 ao 2 de alerta.

Noticias web

12/10/2020