CRTVG

Buscar

Arte urbana contra o feísmo no Cromático Mural Fest de Cambre

Publicado o 01/08/2021 20:47

Cambre ampliou a súa particular galería de arte con tres novas novas obras. Unha nena de dimensións xigantescas xa alegra co seu baile unha das rúas do municipio. Con ela, o muralista barcelonés Slim Safont quixo evocar os momentos de diversión vividos nas casas durante os longos meses de confinamento.

Centos de litros de pintura combaten o feísmo e sacan as cores nas fachadas dos edificios de Cambre no Cromático Mural Fest, que reivindica con talento e creatividade o valor da arte urbana.

Noticias web

01/08/2021