CRTVG

Buscar

Arte sonora a partir da madeira nunha mostra creativa de FINSA en Santiago

Publicado o 12/10/2017 21:55

Conectar todo o universo creativo que pode medrar encol da madeira é unha das ambicións dunha proposta cultural que a empresa FINSA leva a cabo en Santiago. Ademais dunha mostra que quere poñer en valor toda a cadea de produción do sector, tamén organizaron un encontro entre artistas.

Arte sonora a partir da madeira. Un proceso creativo complexo levou ao creador LAR Legido ata esta intervención, unha encarga para Conexión by FINSA, que levou a cabo, de primeiras, visitando as instalacións da empresa.

Unha visita semellante á do artista podemos facela grazas ao vídeo 360, unha experiencia de relidade virtual creada por Antonio Víctor García Serrano. El foi ademais un dos creadores convidados o mércores para explicar o seu labor.

No acto participaron tamén arquitectos, fotógrafos ou restauradores, reunidos nunha sorte de praza central na que culmina a mostra itinerante chamada conexión by FINSA. Espazos conectados pola madeira.

Di Ángel Rocamora que un dos xestos que inspirou o seu equipo para deseñar este espazo foi que na FINSA recollen as virutas de madeira que caen ao chan para reutilizalas noutra fase da cadea de produción. Porque disto, din, vai o das conexións, aproveitar todo o potencial da madeira e buscar todos os usos creativos posibles dunha das grandes materias primas coas que conta Galicia.
 





Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2017