Arte para as paredes esquecidas de Vigo
Este programa municipal comezou en 2014, e, cando os 16 novos murais estean rematados, haberá un total de 84 obras de arte ao aire libre repartidas por toda a cidade. Artistas tan internacionais como os galegos Lula Goce, xa por segunda vez, e Darío Basso están a dotar de significado algunhas desas paredes que quedaron orfas entre edificio e edificio no tecido urbano.
Onde unha parede pechaba o horizonte, aparecen perspectivas inéditas.
A luz e a arte regalan unha segunda oportunidade a estes cruzamentos de camiños na colmea viguesa. Abundan os motivos mariños e as homenaxes, como este mural dedicado ás escritoras galegas ou estoutro ao festival de deporte urbano O Marisquiño. Lula Goce, que repite presenza, é unha das 16 participantes na sexta edición do programa municipal Cidade de cor.
Desta volta, o maxín da artista de Baiona gabeou dez andares arriba a carón do mercado das Travesas.
Neste 2020, 16 novas pinturas murais incorporaránse a esta galería en espazos públicos.