CRTVG

Buscar

Arte floral e concurso de empanadas de pan de millo na Festa da Rosa de Mos

Publicado o 13/06/2019 16:57

Esta mañá celebrouse en Mos unha nova edición da Festa da Rosa. A presentación destas flores, que se fai na praza do Concello, sométese á votación dun xurado, que valora o tipo de rosa, o ramo e a variedade. 

Centos de persoas participaron neste certame que tamén inclúe un concurso de empanadas de pan de millo. En definitiva, unha festa en que a arte, ben sexa floral ou gastronómica, sempre ten premio.

Un cento de rosas lucían esta mañá así de coloridaUn s en Mos. Todos estes ramos preparábanse para pasar o estrito veredicto dun xurado conformado por profesionais e membros da corporación municipal.

A nova edición desta Festa da Rosa é toda unha tradición en Mos. De feito, a súa pregoeira, a alpinista Verónica Romero, tamén é florista.

Esta Festa da Rosa comparte protagonismo cun concurso de empanadas de pan de millo que organiza a Asociación de Mulleres Rurais do Val da Louriña.

As empanadas gañadoras levaron premios en metálico. Á falta do veredicto final quedámonos co do público, que ademais de esixente sabe valorar o bo traballo dunha tradición que gusta tanto a grandes como a pequenos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2019