Art Madrid, hai arte máis aló de ARCO
Publicado o 28/02/2019 20:26
Moret Art, galería coruñesa, é unha veterana en Art Madrid. Nesta edición presenta unha ampla representación galega. Dende a fotografia de Xurxo Gómez-Chao ás pezas hiperrealistas de Miguel Piñero pasando polas esculturas surrealistas de Iván Prieto.
Esta é a xoia da coroa da galería Luisa Pita. Unha obra de Dario Basso, Hara, realizada con cinsa, alcatrán e tinta de xibia.
Art Madrid acolle o espazo One Projet, reservado a artistas máis novos. E aí atopou o seu sitio a galería luguesa, About Art, coa artista grafiteira Nuria Mora.
Art Madrid, que chega á súa décimo cuarta edición, demostra que hai vida intelixente á marxe de ARCO.