CRTVG

Buscar

Arsenio Iglesias ten a súa cidade deportiva o día do seu 90 aniversario

Publicado o 24/12/2020 13:57

Hoxe é 24 de decembro. Hoxe fai 90 anos don Arsenio Iglesias Pardo. Moito máis que un persoeiro do deporte galego. Nun día coma hoxe, Arsenio está moi esixido e por iso non pode atender tantos compromisos.

Un deles foi o desta mañá. A cidade deportiva A Torre, onde medrou o Superdépor, pasa a chamarse desde hoxe Cidade Deportiva Arsenio Iglesias. Asistiron a súa muller e os seus fillos. Arsenio é desde hai meses fillo adoptivo da cidade. Agora A Torre leva o seu nome, nun dos recintos deportivos por excelencia da Coruña.

 

 

 

Noticias web

24/12/2020