CRTVG

Buscar

Arrinca en Vilalba o FIV 2019, con Dorian e Iván Ferreiro como reclamos principais

Publicado o 26/04/2019 22:21

A duodécima edición do FIV ten esta noite como cabezas de cartel a La M.O.D.A. e a Miss Cafeína, mentres que mañá serán Los Planetas, Iván Ferreiro ou Dorian os máis agardados. Son en total unha ducia de propostas musicais para os amantes do xénero pop. "Dentro do panorama indie, ten un bo cartel, este festival". "O que máis me gusta é Dorian. Aínda que non é dos máis fortes, é o que máis me gusta".


Esta tarde estivéronse a vender as últimas entradas ao festival, que cada ano atrae milleiros de persoas á capital chairega. Sandra Vázquez, organización do FIV: "8.000 persoas chegaron a este festival. E este ano estamos nos mesmos números, nunha vila que ten uns 6.000 veciños. É dicir, enchemos Vilalba novamente de 'fivers' e de xente que tamén acode doutras zonas para ver artistas coma La Sonrisa de Julia, que estará mañá no auditorio con entrada de balde". "Os bares xa non che digo, pero os hoteis e os albergues están sempre cheos. Unha amiga nosa ten un albergue e lembro que o ano pasado meses antes xa tiña todo reservado".

Ademais de concertos, o FIV ofrece charlas, cine e mesmo unha exposición sobre a Banda de Música de Vilalba.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/04/2019