Arrinca a romaría de San Fins do Castro
Publicado o 01/08/2019 14:27
A romaría de San Fins do Castro en Cesullas, Cabana de Bergantiños, xa botou a andar. Dende primeira hora da mañá foron moitos os romeiros que se achegaron ata aquí para participar nos oficios relixiosos e lavarse na fonte das verrugas para probar as propiedades milagreiras de estas augas.
E como en toda festa non podía faltar a música. A mañá estivo amenizada pola banda de música Eduardo Pondal e o grupo de gaitas O Son do Castro.
Xa pola noite, tocaralle o quenda á orquestra París de Noia, pero antes hai que coller forzas na tradicional comida baixo os bidueiros.
Pero se por algo é coñecida esta romería é polo ritual do berro seco, que estaba previsto para as tres da tarde deste xoves.