CRTVG

Buscar

Arrinca a colleita da castaña no oriente de Ourense

Publicado o 20/10/2019 19:10

No oriente ourensán, onde predominan variedades máis tardías, comezan estes días a apañar as primeiras castañas. E non perdoan nin os domingos.

Unha chea de froito continúa aínda nos castiñeiros e é cedo para valorar a campaña que se desenvolverá durante aproximadamente un mes.

Pero nesta cooperativa, que naceu hai seis anos e puxo a producir unhas 8 hectáreas de soutos que estaban abandonados en Manzaneda, sospeitan que a colleita vaise reducir con respecto ao ano pasado.

A vespa do castiñeiro chegou máis tarde a zonas máis altas que son as que este ano están vendo máis afectadas.

Galicia é o principal produtor de castaña de España. O ano pasado comercializáronse 63 mil quilos certificados co selo Castaña de Galicia. Dende o Consello Regulador da IXP agardan superar estas cifras.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/10/2019