CRTVG

Buscar

Segundo Arrimadas, Sánchez e Podemos escenificaron "O culebrón do sillón"

Publicado o 20/07/2019 13:44

Valoracións tamén dende Ciudadanos. A súa portavoz no Congreso, Inés Arrimadas, cualificou o posible acordo de Sánchez e Podemos como "o culebrón do sillón". A número dous de Ciudadanos participaba hoxe no "Campus-Jóvenes" que o seu partido celebra en Santander, con trescentos militantes novos de toda España. Arrimadas lembrou que o PSOE de Sánchez xa ten acordos cos de Pablo Iglesias en moitas autonomías e concellos. Tamén dixo que podía optar por acordos cos constitucionalistas, pero que sempre opta por pactos cos populistas e cos nacionalistas.

Inés Arrimadas, ortavoz de Ciudadanos no Congreso dos Deputados "Que non enganen a ninguén: toda España sabía que Sánchez e Podemos e os nacionalistas ían chegar a un avcordo. O problema era que non se poñían de acordo polas cadeiras. É o "culebrón do sillón"... porque as medidas ninguén fala delas, porque xa están de acordo. En subir impostos, machacar os autónomos, en ceder ante os nacionalistas".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/07/2019