CRTVG

Buscar

Inés Arrimadas, de Ciudadanos, retira lazos amarelos da vila natal de Puigemont

Publicado o 16/02/2019 17:58

A portavoz de Ciudadanos, Inés Arrimadas, estivo na vila natal de Puigdemont nunha visita que os independentistas consideraron unha provocación. Á fronte dos 36 deputados cos que conta o seu grupo no parlamento catalán, Arrimadas percorreu o centro da localidade xerundense de Amer.

Protexidos polos Mossos d'Esquadra, os parlamentarios de Ciudadanos retiraron lazos amarelos da vía pública. A respecto da convocatoria anticipada de eleccións xerais, a líder da formación en Cataluña afirmou que Sánchez espera volver pactar cos independentistas para "concederlles o indulto".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/02/2019