CRTVG

Buscar

Arrimadas propón un Goberno de Ciudadanos e PSC para evitar un tripartito

Publicado o 24/01/2021 18:49

En Cataluña os partidos enfilan a campaña. A líder de Ciudadanos, Inés Arrimadas, fíxolle este domingo unha proposta a Salvador Illa. Propuxo un Goberno de Ciudadanos e o PSC. Asegura que sería o "mellor e o máis centrado", nun intento de frear un posible tripartito entre os socialistas, ERC e os Comúns.

Inés Arrimadas, presidenta de Ciudadanos: "Se ao PSC lle saen os números, fará un tripartito, xa o fixo o señor Illa elixindo como membro do Goberno a Otegi en lugar de a Ciudadanos. Nós o que propoñemos é moi sinxelo e vouno dicir con toda a claridade: o Goberno máis centrado e mellor que se pode facer despois das vindeiras eleccións é un goberno de Ciudadanos e Partido Socialista".

 

Noticias web

24/01/2021