CRTVG

Buscar

Arrimadas insiste nas listas conxuntas co PP en Cataluña, País Vasco e Galicia

Publicado o 02/02/2020 14:43

Ciudadanos estuda a unión das súas forzas co PP en Cataluña, País Vasco e Galicia para os comicios autonómicos. Os atrancos non só xurdiron en territorio galego, onde o Partido Popular non está polo labor. En Cataluña, unha parte da militancia do partido laranxa non quere que se dilúa a súa identidade.

Pero Inés Arrimadas insiste en que o constitucionalismo non pode perder un só voto nas tres próximas citas autonómicas: "Son Galicia, País Vasco e Cataluña, Nós é evidente que lideramos o constitucionalismo en Cataluña, iso non o dubida ninguén. Pero gustaríame de verdade que para esas tres eleccións deste ano en tres territorios cunha grave ameaza nacionalista foramos capaces de encontrar unha fórmula de mellor unidos, unha fómula transversal, aberta á sociedade civil e transversal".

Arrimadas tamén sinalou que, se ela é a elixida para liderar Ciudadanos, non quere un partido de baronías territoriais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/02/2020