CRTVG

Buscar

Arrimadas chamará a Sánchez para concretar a súa oferta dun goberno moderado

Publicado o 11/12/2019 16:11

A voceira de Ciudadanos no Congreso, Inés Arrimadas, chamará este mércores persoalmente a Pedro Sánchez para concretarlle a súa proposta dos 221 escanos (PSOE, PP e C's) para poñer en marcha un goberno "constitucionalista, moderado e sensato".

Anunciouno nunha conferecia de prensa no Congreso despois de reunirse co Rei no marco da rolda que o monarca está a levar a cabo cos partidos para decidir sobre a investidura e que para ela é a primeira reunión con Filipe VI, tras a dimisión de Albert Rivera o 11 de novembro a causa do desastre electoral de C's.

E precisamente iso é o que lle trasladou ao monarca, ao que asegurou que vai facer "todo o que estea na súa man" para convencer a Sánchez de que a "vía dos 221" é un gran acerto e a única alternativa "moderada e estable" que permite non só liquidar a lexislatura, senón achegar estabilidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/12/2019