CRTVG

Buscar

Arrimadas anima a Igea a competir por liderar Ciudadanos

Publicado o 24/02/2020 19:16

"Eu non teño dúbida de que Paco vai presentar a candidatura, e seino desde hai moito tempo". Inés Arrimadas teno claro, pero o aludido non o confirmaba.:"estou a un día da decisión"

Francisco Igea e a voceira de Ciudadanos coincidían nun acto en Valladolid. Arrimadas lanzáballe este reproche.

Inés Arrimadas, voceira de Ciudadanos no Congreso, relataba: "non nos podemos meter agora nun despacho, 'agora metes aquí a miña xente na túa lista e así non me presento' ou 'se me aceptas o modelo de baronías, non me presento'. Non, preséntate"

Acusación que Igea negaba nun tenso encontro ante as cámaras. E Arrimadas marchou sen darlle ao líder de Ciudadanos en Castela e León os dez minutos que lle solicitara.

Francisco Igea, vicepresidente de Castela e León, denunciaba:  "tivemos moito tempo para falar co Partido Popular. Gustaríame que tivésemos o mesmo tempo para falar entre nós"

Francisco Igea avoga por un Ciudadanos máis descentralizado. Arrimadas clama contra o risco das baronías. A resposta, nas primarias do 7 e 8 de marzo.

Noticias web

24/02/2020