CRTVG

Buscar

Arrestan un home en Narón por terceira vez por saltar o confinamento

Publicado o 30/04/2020 14:33

A Garda Civil arresta por terceira vez un home por saltar o confinamento. O detido circulaba por unha estrada de Narón nunha furgoneta cando o pararon nun control. Os axentes recoñecérono porque xa o arrestaran por incumprir as restricións de movemento. De novo, procederon á súa detención por un suposto delito de desobediencia grave á autoridade.

Tamén arrestaron a muller que ía con el no vehículo. Os dous pasaron a disposición xudicial e quedaron en liberdade á espera da celebración da vista oral. Os axentes inmobilizaron a furgoneta.

 

Noticias web

30/04/2020