CRTVG

Buscar

Arrestan en Valencia a un pai por violar as súas 3 fillas e á nai por consentilo

Publicado o 11/08/2019 19:04
Arrestan en Valencia a un pai por violar as súas 3 fillas e á nai por consentilo

O xulgado de instrución número 6 de Llíria acordou o ingreso en prisión provisional dun home, de 37 anos, acusado de violar durante anos as dúas fillas da súa parella e abusar sexualmente dunha filla biolóxica de ambos os dous nun concello da comarca do Camp de Túria.

A súa compañeira sentimental, de 40 anos, e nai das menores, de 8, 13 e 17 anos, tamén foi arrestada pola Garda Civil por consentir os abusos e agresións sexuais pero o xuíz deixouna en liberdade con cargos ao non ter parcicipado nas agresións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí