Arrestada unha menor por conducir a máis de 220 km/h mentres a gravaban en vídeo
Publicado o 02/03/2019 12:14
Axentes da Policía Nacional detiveron unha menor de idade por conductir a máis de 220 km/h pola A-5 en sentido Badaxoz, mentres o seu acompañante, un home de 27 anos, gravaba desde o inicio da acción bromeando sobre o perigo que implicaba. As investigacións iniciáronse a raíz dun vídeo recibido no correo electrónico de atención ao cidadán da Policía Nacional, e que estaba publicado no perfil dunha rede social da detida. Unha vez identificados os participantes no vídeo, foron citados a declarar en dependencias xudiciais. A menor negouse de entrada pero finalmente tivo que acudir coa súa nai e foi arrestada.