CRTVG

Buscar

Un cento de galegos denuncian a perda dos seus investimentos nunha estafa con criptomoedas

Publicado o 11/05/2021 14:58

Arbistar 2.0 prometía aos investidores unha rendibilidade de entre un 8 e un 15 % na arbitraxe de bitcoins. Unha rendibilidade que satisfacían os máis veteranos grazas ao investimentos dos acabados de chegar. Pero as contas non saíron.

Eles pagaban semanalmente cunha rendibilidade entre o 8 e 15 por cento mensual, pago semanal. Chegou un momento en que a xente non recibiu o pago, entón reclamaron á empresa e dixéronlles que había un problema informático. Ante esta dilatación quixeron retirar os cartos e chegou un momento en que quedaron bloqueados, no ano 2020. E a día de hoxe seguen bloqueadas. A empresa di que é un problema informático e o tema está na Audiencia Nacional.

A estafa desta empresa con sede en Tenerife acada os 100 millóns de euros e podería afectar preto de 32.000 persoas. Entre elas, polo menos un centenar de galegos, dos que algúns xa denunciaron. Ante ofertas con produtos tan novos como as criptomoedas recomendan asesorarse antes de investir. No caso de ser un dos afectados por esta estafa o mellor é poñerse en mans dun profesional especializado en investimentos con moeda virtual.

 

Noticias web

11/05/2021