CRTVG

Buscar

Arredor de 400 persoas evacuadas dun ferri encallado en Denia

Publicado o 17/08/2019 17:02

No peirao de Denia tiveron que ser desaloxadas 400 persoas dun ferri que facía o percorrido desde Palma e Eivisa ata a localidade valenciana. O ferri rápido encallou contra a medianoite por causas aínda descoñecidas. Os servizos de emerxencias evacuaron os 393 pasaxeiros, 21 tripulantes e 70 coches sen teren que lamentar danos persoais. Salvamento Marítimo despregou unha barreira anticontaminación en previsión dunha fuga de combustible que non se produciu. Unha empresa de servizos está a avaliar os danos do casco pola zona de estribor para elaborar un plan de traslado do barco a lugar seguro no peirao de Denia.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/08/2019