CRTVG

Buscar

Arredor de 40 empresas, en risco polos impagos da construtora pontevedresa Nexia

Publicado o 31/01/2020 21:06

A débeba que a compañía ten cos provedores, empregados e bancos ascende, segundo os afectados, aos 8 millóns e medio de euros. 

Nas oficinas centrais de Nexia Infraestruturas atenden a nosa chamada e indícannos que para contactar coa nova dirección da empresa debemos facelo a través dun teléfono móbil que eles mesmos nos facilitan, pero aquí ninguén responde.

Xa nolo anticiparan nas oficinas da compañía onde tamén nos confirmaron que non saben cal é a firma que mercou Nexia hai unhas semanas.

Os afectados polos impagos non van quedar quietos. Polo momento entre provedores e subcontratas hai xa máis de 40 empresas ás que Nexia lles debe diñeiro.

Ademais dos provedores e subcontratas hai 70 traballadores directos de Nexia afectados que agardan polo seu soldo do mes de decembro e temen polo futuro dos seus empregos.

Noticias web

31/01/2020