CRTVG

Buscar

Arrasa nas redes o bingo en liña que organiza un veciño de Ponteareas

Publicado o 22/04/2020 14:44

Así comeza cada serán, dende hai tres semanas, o bingo en liña que un veciño e empresario de Ponteareas puxo en marcha para entreter os seus veciños.

Os cartóns, que xa pasaron dos 36 iniciais a 250 a día de hoxe, distribúense horas antes do inicio do xogo por rigorosa orde de petición.

Cos cartóns xa sobre a mesa, comeza o xogo.

Os veciños están moi agradecidos por esta iniciativa que, ademais de entreter, conta cunha vertente solidaria de empresas e dos propios participantes.

A iniciativa tivo tanto éxito que ten xogadores do Porriño, Salvaterra, Melón ou incluso de Vigo, onde xa lle pediron axuda para montar un bingo en liña propio para os veciños da cidade.

Noticias web

22/04/2020