Arrancan e rouban as placas da fachada dun edificio acabado de reformar en Salceda
Así deixaron este edifico acabado de reformar no campo de fútbol de Penedo Redondo, en Salceda. Literalmente, arrancaron os paneis que revisten a fachada deste inmoble que alberga as oficinas, a cantina e outros espazos para usos múltiples.
Sucedeu de noite e na zona non hai dispositivos de vixilancia, polo que vai ser complicado dar cos responsables dos estragos.
Centos de persoas empregan cada día estas instalacións. Os nenos das escolas municipais e doutros clubs de fútbo, ademais de afeccionados e asociacións.
Todos condenaron e lamentaron estes actos vandálicos nun edificio que se financiou con 126.000 euros, diñeiro público destinado ao goce de todos.
A zona permanece sinalizada e as obras de reparación acometeranse o antes posible para evitar riscos.
A Policía Local e Garda Civil investigan os feitos e o Concello solicitou da cidadanía calquera información que axude á identificación dos autores dos estragos.