Arrancan as primarias de Podemos en Galicia para as eleccións municipais
Publicado o 01/02/2019 15:45
Comezan as primarias de Podemos en Galicia para escoller os seus candidatos ás eleccións municipais de maio.
Dende hoxe ata o próximo martes, os militantes votarán as listas para 22 concellos, entre eles, as sete cidades. Tamén preparan candidaturas noutras 25 vilas. Despois, o partido decidirá en cada caso se se presentan coas súas siglas ou se se alían con outras forzas.