CRTVG

Buscar

Arrancan as oposicións ao Sergas para cubrir máis de 1.300 prazas

Publicado o 18/09/2021 15:10

Arrancan as probas de oposición ao Servizo Galego de Saúde co obxectivo de cubrir algo máis de 1.300 prazas. Celébranse en Silleda e cun protocolo de seguridade acaído á situación sanitaria. Hoxe 570 aspirantes compiten por unha das 209 prazas de facultativo especialista en distintas áreas como cirurxía cardiovascular e uroloxía entre outras.

De cada tres aspirantes que agardaban para facer o exame un sairá con emprego fixo no Servizo Galego de Saúde. 572 opositores optan a unha das 209 prazas de facultativo especialista de área que se van cubrir. Presentáronse algo máis do 80 por cento dos convocados.

Haberá catro fins de semanas de exames para cubrir 1.311 prazas de distintas categorías de facultativos e técnicos sanitarios. Entre hoxe e maña ofértanse 394. "Seguimos apostando pola consolidación e polo emprego estable e por sacar todas as prazas que nos permite a día de hoxe a taxa de reposición, imos ao cen por cen desas prazas que podemos sacar e o que non saque praza sabe que en pouco tempo vai haber un proceso", afirma Julio García Comesaña, consellerio de Sanidade.

Con máis de 8.800 persoas convocadas a facer as probas, a organización deste proceso selecctivo atendendo ás medidas de seguridade requiridas pola covid esixe un maior esforzo, como asegura  Ana Comesaña, directora xeral de recursos humanos do Sergas.

Tres opositoras que acaban de ser nais fixeron o exame nos hospitais de Lugo, Santiago e A Coruña.

Noticias web

18/09/2021