Arranca a demolición da ETEA en Vigo para construír un centro de maiores

Arrancan as obras de demolición da ETEA, en Vigo, para a construción dun centro integral para persoas maiores. Será financiado pola Fundación Amancio Ortega. A obra conta cun investimento de 15 millóns de euros.
A nova residencia de maiores terá 150 prazas públicas e, segundo a Consellería de Política Social, permitirá a creación de 140 postos de traballo.
A demolición dos edificios dos cuarteis de mariñería e alumnos da antiga Escola de Transmisións e Electrónica da Armada supón un paso adiante para a levar a cabo o novo centro.
Estas instalacións levan tempo en desuso, tras o cesamento da actividade militar, e foran construídas nos anos 60 e 70 do século pasado.
A Xunta confirmou que as obras de demolición terán unha duración aproximada de dous meses e liberarán unha parcela moi próxima ao mar para o seu uso por parte das persoas maiores. Ademais, permitirán a dinamización deste punto de Vigo, actualmente sen actividade, e das zonas da súa contorna.