CRTVG

Buscar

O Reino Unido comeza a negociar a súa saída da Unión Europea

Publicado o 19/06/2017 14:30

Esta primeira xuntanza prodúcese un ano despois do referendo do 'brexit' e coa posición británica debilitada despois dos malos resultados electorais da primeira ministra Theresa May, o 8 de xuño pasado

En Bruxelas, o Reino Unido comeza a negociar a súa saída da Unión Europea. Esta primeira xuntanza prodúcese un ano despois do referendo do 'brexit' e coa posición británica debilitada despois dos malos resultados electorais da primeira ministra Theresa May, o 8 de xuño pasado.

Ás 11 da mañá comezaron os contactos formais entre as delegacións negociadoras, encabezadas polo secretario de Estado británico para o 'brexit', David Davis e Michel Barnier, por Europa. Agárdase que hoxe sexa unha xornada longa, xa almorzaron xuntos os dous xefes negociadores.  

Despois comezaron os encontros dos grupos de traballo e a xornada concluirá cunha conferencia de prensa de Barnier e Davis.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2017