Arranca o xuízo polos atentados de Barcelona e Cambrils de 2017
Publicado o 10/11/2020 08:41
Arranca hoxe na Audiencia Nacional o xuízo polos atentados de Barcelona e Cambrils en agosto de 2017 en que morreron 17 persoas.
No banco dos acusados sentarán tres homes de nacionalidade marroquí para os que a fiscalía pide penas de 41, 36 e oito anos de prisión, pero non os acusa de asasinato porque non foron os autores materiais dos atentados. A maioría dos membros da célula xihadista morreron antes ou despois dos ataques. A fiscala só lles atribúe a explosión do chalé de Alcanar que deu ao traste cos plans iniciais do grupo. A acción popular pola contra pide 15 prisións permanentes revisables para dous dos acusados.