CRTVG

Buscar

Arranca o xuízo pola xestión no Banco Popular coa declaración de Emilio Saracho

Publicado o 02/10/2019 15:33

O xuízo polas presuntas irregularidades na xestión do Banco Popular arrancou hoxe na Audiencia Nacional.

O último presidente da entidade, Emilio Saracho, foi o primeiro en declarar como investigado por presunta manipulación de accións. Saracho estivo cen días á fronte do Popular tras relevar a Ángel Ron, presidente entre 2006 e 2017.

O xuíz investiga se as presuntas irregularidades aceleraron a caída do sexto banco español e a súa venda ao Santander por un euro.

Noticias web

02/10/2019