CRTVG

Buscar

Arranca o xuízo contra Correa e Crespo na rama da Gürtel en Xerez

Publicado o 03/06/2019 15:45
Arranca o xuízo contra Correa e Crespo na rama da Gürtel en Xerez

Na Audiencia Nacional comezou o xuízo á rama Gürtel en Xerez por, presuntamente, amañar contratos para Fitur. No banco dos acusados volven sentar o cabeza da trama, Francisco Correa, e o seu número dous, Pablo Crespo.

O seu avogado, Miguel Durán, pediu que neste xuízo declare como testemuña o ex-comisario Villarejo. Canda eles, están encausadas outras sete persoas, cinco delas funcionarios. Todos terán que responder por tres contratos presuntamente irregulares do Concello de Xerez a empresas da Gürtel para Fitur 2004. A Fiscalía anticorrupción pide penas que van dos sete aos dous anos de prisión.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/06/2019