CRTVG

Buscar

Arranca o Resurrection Fest, que atraerá a ritmo de rock 100.000 visitantes a Viveiro

Publicado o 03/07/2019 14:24

A XIV edición do festival Resurrection Fest presenta unhas cifras de récord xa que, por primeira vez, este ano os organizadores esperan a máis de 100.000 persoas durante a celebración do evento, que comeza hoxe e que durará ata o 6 de xullo no municipio de Viveiro.

O director do evento, Iván Méndez, remarcou na presentación do Resurrection Fest que, para a edición máis multitudinaria dos 14 anos que ten o festival, "ampliarase todo o recinto e tamén as zonas de acampada". A organización espera superar os 10 millóns de euros de impacto económico na provincia e xerar máis de 600 empregos directos e máis de 2.000 indirectos (entre limpeza, son, iluminación, produción, seguridade ou reforzo en locais de hostalería). E é que o festival contará con asistentes de 44 países diferentes, o que evidencia que o de Viveiro "é un dos mellores festivais de rock de Europa e o mellor de España", destacaron os organizadores.

O volume de negocio xerado en 2018 situouse en 8,5 millóns de euros en toda Galicia e en 6,6 millóns de euros na provincia.
Palabras descoñecidas



 

Noticias web

03/07/2019