CRTVG

Buscar

Arranca o Plan Moves de axudas para a compra de vehículos híbridos e eléctricos

Publicado o 02/04/2019 16:22

Arranca o Plan Moves de axudas para a compra de vehículos híbridos, eléctricos ou a gas. O obxectivo é renovar o parque móbil pero ten tamén unha vertente ambiental.

Enténdese como un incentivo á mobilidade eficiente e sostible. Moves está dirixido á compra de coches novos con motores híbridos, a gas ou completamente eléctricos. O sector do automóbil encadea sete meses de receso con respecto ás vendas do ano anterior pero os datos de vendas deste tipo de coches experimentan un progresivo crecemento nese mesmo período que chega a ser do doble. O plan Moves está dotado con 45.000 millón de euros e a partir de hoxe todos os inetresados en comprar un vehículo 100% eléctrico, eléctrico con autonomía extendida, híbrido enchufable, ou con pila de hidróxeno, poderán acceder a axudas de ata 5.500 euros. Tamén poderán acceder a esta axuda as motos eléctricas con baterías de litio. Parte do presuposto destinarase tamén á istalación d epuntos de carga e a promoción do uso da bici eléctrica.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/04/2019