CRTVG

Buscar

Arranca o plan de mellora da rede viaria autonómica na montaña luguesa

Publicado o 19/08/2019 13:36

Arranca o plan de mellora de rede viaria autónomica na Montaña luguesa. As actuacións principais acometeránse na via que comunica Lugo con A Fonsagrada, a LU 530. Así renovarase as travesías urbanas de O Cádavo e Castroverde, neste último mesmo incluense pasos elevados para peóns. Xa no concello de Lugo mellorarase travesía de San Eufrasio, un dos principais accesos da cidade con conexión ao hospital e a A6. Un dos treitos con máis tráfico, cun rexistro diario de 10.000 vehículos.

  O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, presentou os traballos e sinalou que "imos acondicionar cen quilómetros de estradas, de conexión coa montaña lucense. E decir o 90 por cento destes quilómetros encóntranse todos na zona da montaña"

A Xunta destina para estas obras máis de 2.1 millóns de euros e está previsto que estén rematadas a finais de outubro.
 

Noticias web

19/08/2019