CRTVG

Buscar

Bos días

Arranca o curso escolar en Secundaria e FP

Publicado o 15/09/2017 09:31
Arranca o curso escolar en Secundaria e FP.
147 mil alumnos volven ás aulas.

Cifras en detalle.



Na ESO comezan 90.679 estudantes. Son o 1,4 por cento máis ca o ano pasado.
Soben os estudantes en centros privados e concertados e baixan os que escollen centros públicos.
Tamén medra a matrícula no Bacharelato, pero menos ca na ESO. Cursan Bacharelato este ano 31 mil 269 alumnos, catro décimas máis ca en 2016.
Outro dato. Dispárase a ensinanza de adultos. Son 13 mil 496 persoas as que optan por volver a estudar tras abandonar cando eran mozos, o 3,8 por cento máis.
E tamén medran as matrículas en ensinanzas artísticas e deportivas. Son 11 mil 518 estudantes, o 1,3 por cento máis.
En total, como diciamos, aquí ven a cifra, preto de 147 mil estudantes.
Un último dato, o dos matriculados na FP. É provisional porque aínda NON está pechada a matrícula.
A previsión da Xunta é de 51 mil inscritos.

COMEZO DO CURSO 2017-2018


ESO
90.679
+1,4%

BACHARALATO
31.269
+0,4%

ENSINANZA ADULTOS
13.496
+3,8%

ENSINANZAS ARTÍSTICAS E DEPORTIVAS
11.518
+1,3%

TOTAL
146.962

FP
51.000
+0,7%
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

15/09/2017