CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Arranca o Ano das Letras de María Victoria Moreno

Publicado o 15/01/2018 17:02

É sen dúbida a autora do ano, a que vai ser homenexeada no día das Letra Galegas 2018. E as novas sobre María Victoria Moreno vanse ir sucedendo ao longo dos vindeiros meses. De momento, sabemos por exemplo que Urco editora reedita algunhas obras desta autora, algunhas que estaban descatalogadas, outras difíciles de localizar, e mesmo algún conto inédito que a ela gardaba no seu ordenador. Para falarnos disto, Andrea Jamardo e David Cortizo, de Urco editora, que son quen nos traen estas marabillas.

Zigzag Diario

15/01/2018