Arranca en Cambados a Festa do Albariño, cun total de 42 casetas
Cambados inaugurou este mércores a súa xa tradicional Festa do Viño Albariño, que este ano celebra a súa 67ª edición coa participación de 44 adegas desta Denominación de Orixe nun total de 42 casetas, que permanecerán abertas ata o domingo.
Na apertura deste evento participaron o conselleiro de Medio Rural, José González; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, e o presidente do Consello Regulador do D.O. Rías Baixas, Juan Gil de Araújo, quen a destacou como "un escaparate marabilloso" dous viños galegos. Gil de Araújo animou a xente a participar nesta celebración para a que prevé "boas expectativas" de asistencia.
O conselleiro do Medio Rural, pola súa banda, aproveitou para eloxiar esta Denominación de Orixe, "a máis grande de Galicia en canto a tamaño e produción".
Os 42 postos das 44 adegas da D.O Rías Baixas permanecerán abertos ata as 3,00 da madrugada, e o sábado prolongarase media hora máis.