CRTVG

Buscar

Arranca a festa do viño tinto de Barrantes

Publicado o 04/06/2021 21:38

Barrantes celebra desde hoxe a festa do seu famoso viño tinto. Pero, esta edición non é coma sempre. A pandemia manda, A edición deste ano da Festa do Viño de Barrantes está condicionada pola situación sanitaria. Non será unha festa multitudinaria non haberá casetas nin carpas para saborear o viño como é costume,  pero hai programadas unha chea de actividades, como a Mostra Cantos de Furanchos. Para acudir a calquera das actividades é necesaria unha inscrición previa. Mañá será a cata final, pero haberá que agardar ata o domingo para saber cal é o mellor viño desta edición.

Noticias web

04/06/2021