CRTVG

Buscar

Arranca a décimo terceira edición de Mercapercusión

Publicado o 30/07/2018 14:29

En Agolada arranca a décimo terceira edición do Merzapercusión, o festival internacional de percusión. Hai arredor de cen participantes entre alumnos e docentes e durará tres días.

O obxectivo do Merzapercusión é principalmente conseguir que os alumnos aprendan dun colectivo de profesores expertos e dedicados á percusión, no que todos intercambien os seus coñecementos, ademais de potenciar a convivencia con outras persoas que comparten a mesma paixón pola percusión.

O festival está organizado en dúas partes: polas mañás, de nove e media a dúas, impártense clases de diferentes especialidades, para que os alumnos adquiran coñecementos de cada unha delas, remarcando así a parte máis teórica. Mentres que pola tarde hai concertos e actuacións, onde se remarca a parte máis social e de convivencia.

En Agolada tamén se realizaron recentemente outras actividades musicais como o festival de música antiga e o primeiro encontro da banda infantil. O obxectivo da organización dos festivais é ir medrando cada vez máis para potencia a importancia da musica e a creatividade musical.

O último día do Merzapercusión os alumnos farán un concerto final para demostrar todo o que aprenderon ao longo dos tres días.

Noticias web

30/07/2018