CRTVG

Buscar

Arranca a campaña das nabizas, que se prevé boa pero con cultivos desiguais

Publicado o 26/10/2021 21:08
Nos nabos que se sementaron cedo xa locen as nabizas pero aos que pillou a seca de finais de setembro van algo máis atrasados.

Coa chegada do frío é tempo de caldos e de nabizas. Este ano a campaña prevese boa pero desigual. Tras a sementeira de finais de agosto e comezos de setembro os nabos xa comezaron a brotar e a dar o seu froito.

As nabizas xa relocen en numerosas plantacións onde a campaña se prevé boa pero polo momento os cultivos son desiguais.

"A xente que sementou a finais de agosto cando aínda choveu a colleita vai ben, os que sementaron máis tarde xa notaron a seca de mediados de setembro. Nalgúns sitios xa hai nabizas grandes, de boa calidade e as follas non están picadas polo que se prevé unha boa campaña", sinala a produtora de Vilalba Luz Divina Castelo.

Pero máis fama e máis demanda teñen os grelos que contan con Indicación Xeográfica Protexida e polos que aínda toca agardar.

"Despois do Nadal, en xaneiro, as xeadas e incluso a neve é cando brota o grelo", sinala a produtora de grelos Luz Divina Castelo.

Nuns días a primeira quenda, a das nabizas, invadirá as prazas e mercados.
 

Noticias web

26/10/2021