CRTVG

Buscar

'Archivo COVID', a maior galería de imaxes do relato da pandemia

Publicado o 22/06/2021 21:43

Desde hoxe, está a disposición de todos Archivo COVID, unha paxina web con 8.533 imaxes tomadas por 385 fotoxornalistas de toda España. É un relato da pandemia, feito a iniciativa da Universidade de Alcalá. Falamos con algúns profesionais galegos que forman parte do proxecto.

Aínda que son máis de 8.000 non están todas. Nunca estiveron todas. As restricións frustaron parte deste relato visual. Porén, son as imaxes da pandemia. O arquivo da covid−19 en España. A golpe de clic, a loita da desmemoria.

E a responsabilidade converteuse nos ollos do drama, do silencio, da anomalía e da emoción. Grazas ao seu legado e ao de case 400 fotoxornalistas máis do Archivo COVID non a esqueceremos.




 

Noticias web

22/06/2021