CRTVG

Buscar

Arquívase o caso das ameazas en sobres con balas a membros do goberno

Publicado o 20/07/2021 20:21
Arquívase o caso das ameazas en sobres con balas a membros do goberno

Arquívase o caso das ameazas en cartas con balas que recibiron o pasado mes de abril varios membros do Goberno e cargos institucionais. Unha xuíza de Madrid acordou o sobresemento provisional das denuncias polo delito de ameazas contra o ministro do Interior, Fernando Grande -Marlaska, o exvicepresidente do Goberno Pablo Iglesias e a directora da Garda Civil, María Gámez. Segundo a xuíza, coas xestións feitas durante investigación non se derivan datos para a identificación das persoas responsables.
 

Noticias web

20/07/2021